As estradas da provincia reunirán a 300 ciclistas esta semana santa
Nova edición da Challenge ´´ Os 4 días de Ourense´´

As estradas da provincia reunirán a 300 ciclistas esta semana santa / Fundación ADO Moure

A proba, que se celebra entre o 6 e o 9 de abril. partirá diariamente de Baños de Molgas e atravesará os concellos de Maceda, Vilar de Barrio, Paderne de Allariz, San Cibrao das Viñas e Taboadela.
A cita contará con catro etapas cun percorrido medio de 70 quilómetros, participando uns 15 ciclistas de media en cada etapa entre sete categorías en modalidade masculina e feminina.
A Challenge ´´ Os 4 días de Ourense´´ está organizada pola Fundación ADO Moure ea Deputación de Ourense, coa colaboración pública da Xunta de Galicia.