La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
Festival de Cans

O "Canciños Fest" xuntou a máis de 400 nenas e nenos esta fin de semana no Porriño

As actividades infantís celebráronse no marco do XX aniversario do Festival de Cans

Máis de 400 nenas e nenos pasaron esta fin de semana polo “Canciños Fest”, o evento que o Festival de Cans organizou para homenaxear aos máis pequenos, enmarcado nos actos de celebración do seu XX aniversario, que se celebrará do 16 ao 20 de maio, e para o que xa están as primeiras entradas á venda na web do festival.

As actividades do “Canciños Fest”, patrocinadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, celebráronse ao longo do pasado sábado e domingo no salón do Círculo Recreativo Cultural do Porriño, dentro do marco de colaboración que esta entidade mantén co Festival de Cans.

As actividades que tiveron maior afluencia de público foron as proxeccións de filmes de animación. Na tarde do sábado, 150 nenas e nenos asistiron á primeira sesión de curtametraxes de animación, onde puideron ver unha selección de obras que, ou ben foron premiadas ou ben estiveron en competición ao longo dos vinte anos do festival. Entre elas, os cativos poideron gozar de obras arredor da inclusión como “A nena que tiña unha soa orella” de Álvaro León, outras inspiradas en clásicos como “O soldadiño de chumbo” de Virxinia Curiá e Tomás Conde ou “A flor máis grande do mundo” de Juan Pablo Etcheverry, a partir dun conto do Nobel José Saramago.

A proxeción do domingo estivo protagonizada polo filme de animación “Maimiño”, de Ernesto Padrón. As actividades completáronse cun obradoiro do artista Juanma Lodo para entender a música en relación co cine e co relato dos membros de Polo Correo do Vento, arredor da historia do cinema galego para nenos.

Aínda que a idea inicial era facer un evento puntual, o éxito da convocatoria, xunto coa carencia de programación de cinema para nenos, fai que o Festival de Cans pense en manter a continuidade desta actividade en anos vindeiros.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00