Torneiros rende culto á camelia un ano máis
A AAVV San Salvador de Torneiros celebrou a 9ª edición da Mostra da Camelia despois de dous anos de parón


A IX Mostra da Camelia organizada pola AAVV San Salvador de Torneiros, en colaboración co Concello do Porriño, CM de Torneiros e Deputación de Pontevedra, volveu abrir as súas portas na sede da asociación de veciños. Tras dous anos de parón imposto pola pandemia, os amantes desta flor puideron volver disfrutar desta afamada exposición durante a fin de semana.
En total déronse cita 21 expositores que participaron na mostra cos seus traballos de floricultura. Entre eles atopábanse os mellores cultivadores da provincia.
A beleza das súas creación puido disfrutarse na sala exposicións do centro da Asociación San Salvador de Torneiros durante toda a fin de semana.