Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad
Semana da Ciencia

A VIII Semana da Ciencia arranca o día 28 en Salvaterra

Do 28 ao 31 de marzo o instituto da vila encherase de actividades e palestras

O Concello de Salvaterra de Miño colabora na VIII edición da SEMANA DA CIENCIA que se celebrará desde o martes 28 ao venres 31 de marzo no instituto da localidade. O fío condutor das xornadas é a ciencia relacionada coa Saúde Mental.

O IES de Salvaterra contará, por exemplo, con charlas sobre produtos tecnolóxicos creados para persoas con discapacidade funcional, saúde mental e alimentación ou unha charla para as familias sobre o acceso a dispositivos na adolescencia.

En canto aos xogos, ademais dos clásicos da Semana da Ciencia, haberá outros específicos arredor da saúde mental e do funcionamento do cerebro humano, así están organizando un trivial sobre ciencia e saúde mental, neste caso creado polo profesorado. Tamén haberá un concurso dirixido aos máis de 600 alumnos e alumnas do centro e no que colabora o Concello de Salvaterra de Miño.

Polos distintos espazos do centro tamén haberá exposicións e postos nos que o alumnado amosará os seus experimentos e aprendizaxes ao tempo que outros mostran as súas investigacións a modo de vídeo ou podcast monográficos sobre o coidado da saúde mental presentando o proxecto “Naturalmente” tanto na radio nos recreos como nalgunhas clases.

As actividades poderán ser consuladas na web do centro educativo.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00