En Ribadavia ábrese o telón ...
Para conmemorar o Día Mundial do Teatro

MIT Ribadavia 2022 / MIT Ribadavia

Ribadavia
O luns 27 de marzo celébrase o Día Mundial do Teatro e desde o Concello de Ribadavia organizan distintas actividades.
A fin de semana haberá teatro infantil e unha sesión de Llectura de teatro dramatizada. Este sábado, día 25, as 7 da tarde na Alameda a cita será co teatro de rúa con Kote Malabar , para todos os públicos e o domingo 26 turno para unha sesión de lectura de teatro dramatizada as 12 do mediodía no local social da Madalena.
As lecturas a realizar serán escollidas entre os gañadores do Premio Abrente de Textos Teatrais da MIT Mostra Internacional de Teatro Ribadavia.