Sociedad | Actualidad

Falece Enrique Coo, propietario de Mar Viva

Un accidente de tráfico acaba coa vida do empresario

Ambulancia de emergencias / 061

Ambulancia de emergencias

A Costa da Morte

Enrique Coo, Enrique de Mar Viva, perdeu a vida esta mañán nun accidente de tráfico sucedido no termo municipal de Dumbría. Segundo os servizos de emerxencias, o camión que conducía a vítima saiuse da via cando circulaba pola AC-552, nunha curva por onde o Camiño de Santiago atravesa a estrada. Inda non se coñecen as causas do suceso pero fontes de Emerxencias falan dun falecemento no acto.

Enrique Coo residía en Berdoias, inda que a súa vida profesional desenrolouse na vila de Corcubión. Ali rexentou ata hai uns meses a pescadería da praza de abastos, dende onde servia de peixe a boa parte dos establecementos hosteleiros da bisbarra. No ano 2013 rehabilitou unha vivenda na praza de Corcubión para abrir o restaurante Mar Viva, un novidoso concepto que aunaba pescadería e restaurante. A calidade dos produtos, servidos principalmente á prancha, convertiu nun éxito o restaurante, obtendo grandes críticas na prensa especializada e chegando a súa soa máis alá das fronteiras de Galicia. Eran habituais as imaxes de largas colas á súas portas durante o período veraniego. O falecemento de Enrique Coo caeu coma un xerro de auga fría nunha vila como Corcubión onde era moi aprezado.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00