“Primavera Lila “, a programación da Concellería de Igualdade de Baiona para o 8M
As actividades comezaron co monólogo de Pamela Palenciano en febreiro e se prolongarán ata o mes de abril


Trala existosa acollida do monólogo feminista “No solo duelen los golpes” de Pamela Palenciano, que deu o pistoletazo de saída á programación “Primavera Lila”, a Concellería de Igualdade do Concello de Baiona desvela o resto de actividades desta programación deseñada por esta concellería e a dirección do CIM con motivo do 8M, Día Internacional da Muller.
O propio 8M, Día Internacional da Muller, o acto central desta data sinalada terá lugar ás 19:30h no Multiusos Mercado de Sabarís, onde tralo éxito da posta en marchada Axenda Igualitaria, este espazo acolléra a inauguración da exposición das fotografías e as historias das mulleres de Baiona que forman parte deste proxecto iniciado no 2021 pola Concellería.
Entre finais de febreiro, todo o mes de marzo e principios do mes de abril, levaranse a cabo toda unha serie de actividades que foran parte dunha programación que co Día da Muller como escenario, a concelleira, lembra “a importancia que ten traballar a diario en favor da igualdade en base a políticas que ofrezan respaldo a mulleres como as que se recollen no Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de mulleres e homes do Concello de Baiona 2019-2023.” Accións que sexan tamén extensivas a toda a cidadanía porque “a igualdade é cousa de toda unha sociedade” e é preciso traballar en conxunto con estratexias que abarquen a todas as idades e colectivos, con accións específicas para cada sector “e que todas teñan un fío condutor, unha sociedade comprometida coa igualdade”, sinala Moreira Costas.
Actividades para todas as idades e públicos
Aplicando a transversalidade de xénero, sen limitarse a un so contexto ou plano de actuación, para traballar na sensibilización en Igualdade e a prevención da violencia machista desde os distintos campos, a “Primavera Lila” integra toda unha serie de actividades enfocadas a distintos tipos de públicos.
A “Primavera Lila” complétase coas seguintes actividades no Multiusos Mercado de Sabarís:
- Venres, 10 de marzo:
- Obradoiro "Rir as penas. Risoterapia", en colaboración coa Asociación de viúvas de Baiona "Mercedes de la Escalera".
- Obradoiro "Cóidate. A importancia do autocoidado", en colaboración coa Asociación de Amas de Casa de Baiona.
- Sábado, 11 de Mazo:
- Espectáculo familiar "Cinema de historias da man de Alice Guy (A nai do cinema", Raquel Queizás, nenos e nenas a partir de 5 anos.
- Sábado, 18 de Marzo:
- Contacontos "A lavandeira e as pitas", Cris de Caldas.
- Domingo, 19 de Marzo:
- Obradoiro "Ponte en defensa. Como recoñecer o acoso infantil para actuar", en colaboración coa Asociación motorista P.I.C.A. protección á infancia contra o abuso.
- Obradoiro "Marca un gol para a igualdade",en colaboración co clube Baíña fútbol sala. Baíña Sirius fútbol sala.
- Domingo, 25 de Marzo:
- Teatro "Roedores", Redrum Teatro, espectáculo familiar.
A programación complétase co programa “Con Voz Propia”, a Concellería de Igualdade a través do Centro Municipal de Información á Muller (CIM), volve apostar por esta actividade, trátase dunha intervención psicopedagóxica na que a práctica vocal (coral e solista) utilízase para incrementar o empoderamento das mulleres.
O programa desenvolverase os mércores en horario de mañá de 10:00h a 13:00h no Multiusos Mercado de Sabarís. A actividade comezará o vindeiro mércores 15 de marzo e estenderase ata o mércores 3 de maio. Na metodoloxía está previsto o ensino das habilidades de base do canto, utilizando o método de Maga de Voz. Ao mesmo tempo utilizaranse moitos recursos da musico-terapia, a danza-terapia e a drama-terapia para fomentar a libre expresión o arraigamento e empoderamento do corpo e a voz das participantes. Ademais traballarase coas letras das cancións para re-enfocar a visión do percorrido vital.