La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
Balonmano

Redondela representa a Galicia no torneo internacional de veteranas de balonmán en Sevilla

As Sarillas saen hoxe cara Sevilla para participar no Torneo Internacional Balonmano Femenino Masters de Sevilla

Entre o 24 e o 26 de febreiro celébrase en Sevilla o Torneo Internacional Balonmano Femenino Masters de Sevilla no que participarán As Sarillas, o equipo de veteranas do club SAR de Redondela, un encontro organizado polo C.D. Agrupación Sevillana Amigas del Balonmano e coa colaboración da Delegación de deportes da Comunidade Autónoma en Sevilla.

Durante tres días enfrontaranse a equipos de Cataluña, Asturias, País Vasco Almería, Sevilla, Valladolid, Granada e Málaga, así como outros internacionais entre os que se atopan Portugal, Budapest ou Alemaña.

O primeiro partido é o venres ás 20:00h contra o OAR Gracia de Sabadell. Digna Rivas quixo, acompañada do Concelleiro de Deportes, desexarlles sorte “nun torneo internacional no que Redondela vai a representar con orgullo a Galicia por primeira vez na historia” e felicita “o esforzo e traballo que fan as xogadoras veteranas para manterse activas e compaxinar o deporte coa súa vida privada”.

Como agasallo o Concello de Redondela ofreceulles camisetas co escudo redondelán, bolsas e unha “Coca” de Sargadelos para obsequiar aos anfitrións do trofeo “e que Redondela quede inmortalizada nas vitrinas de Sevilla ao lado de outras moitas comunidades e países”, conclúe Rivas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00