Pardo de Vera, unha bala mal gastada en materia de infraestruturas para Lugo?
Carlos Portomeñe, Cosme Pombo, Luis Asorey e José Luis Díaz falan das estradas, os viadutos e a rede ferroviaria da provincia

'Baixamos ao café' (23/02/2023)
34:17
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Lugo
Lugo hoxe convertirase na capital da cultura do Eixo Atlántico até o mes de novembro. Unha medalla que volve poñer á cidade romana no mapa internacional, pero que vai costar exprimir como debería polas dificultades de chegar á capital.
A provincia lucense é a peor comunicada das catro galegas. "Por estrada é complicado chegar, n-540, agora o tema dos viadutos, a A-8... e por tren é imposible", apunta Cosme Pombo na mesa redonda de Hoy por Hoy Lugo 'Baixamos ao café'.
Os esforzos das institucións por poñer a Lugo no mapa non cesan, pero a dificultade de achegarse ata a capital provincial fan que se deixe de gañar demasiado como cidade.
Se xa os problemas eran poucos, súmanse as últimas informacións sobre a decisión do MITMA ( Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana ). Asegúrase que o viaduto da A-6 non recuperará o seu estado orixinal ata dentro de tres anos.
Asorey, Diaz, Portomeñe e Pombo analizan a cronoloxía dos feitos, buscan culpables e lanzan preguntas como a de coñecer responsables que todavía estan sen respota.
"Creo que neste caso hai que mirar á empresa que realizou os traballos máis que as institucións, pero non é normal que unha construción tan recente caia", apunta Portomeñe.
Asorey puntualiza que as obras de mantemento desta zona "non parecían moi sinxelas" e incide na necesidade de pensar máis nos traballos de conservación de viais "por exemplo non se entende que sigamos tirando sal para o xeo, cando noutros países eso xa non se fai e é perxudicial para a vía".
Díaz recorda que os problemas nas estradas xa ven de atrás, "dende Aznar, Rajoy... leváronse a cabo moitos recortes que acaban por afectar no futuro ás vías" e aclara que "unha comisión de investigación non é o que se precisa, se non se levarían a comisión moitos temas, aqui o fundamental é trasparencia".
Unha das grandes preguntas en materia de comunicacións é se a saída de Pardo de Vera, ex secretaria de Estado de Transportes, supoñerá volver caer no esquecemento das institucións. Así logo... Puido facer a lucense máis pola súa provincia?
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo