Ahora en directo

Síguenos en

Ocio y cultura

A Deputación e Regala Música lanzan a terceira edición de Descúbreas

O programa arrancou cunha gala na que as mentorizadas do ano pasado presentaron por primeira vez os seus temas en directo

Un momento da gala Descúbreas.

Un momento da gala Descúbreas.

Vigo

A Deputación de Pontevedra, en colaboración con Regalamúsica, arrancou este mércores unha nova edición de a “Descúbreas”, a plataforma para fomentar o talento feminino ma industria musical, avalada cun premio Martín Códax ao mellor espazo de comunicación e divulgación musical. O tiro de saída fou unha gala-concerto presentada por dúas das rapazas

mentorizadas nas anteriores edicións: Xía Rodríguez e Alba Nogueira (A Riso), ambas as dúas tamén estudantes da ESAD de Vigo. Precisamente as mentorizadas foron as absolutas protagonistas do evento, porque amais de asumir o rol de presentadoras este evento presentaron en vivo os seus temas . Estiveron presentes cinco das oito: Ane Swan, A Riso, Caro Lemos, María Gabeiras e Sara Casas.

Ademais, no transcurso da gala proxectáronse os vídeos nos que vimos a evolución e fitos acadados nas dúas anteriores edicións do programa, as novidades deste ano, o lanzamento da 3ª convocatoria de mentorías, as actividades que se celebrarán ao longo deste ano, a banda de apoio e unha xornada de networking con profesionais do sector.

Unha 3ª edición chea de novidades: O programa organizará “Universo laboral”, unha xornada networking con empresas, profesionais e artistas do sector musical, e tamén se promocionará en feiras e foros a nivel estatal e internacional, creará vídeos-resumo en inglés para ampliar a súa proxección internacional e tamén incluirá un novo contido específico na súa newsletter e redes sociais: ‘Domingo con elas’. Trátase dunha nova sección que cada domingo ofrecerá información sobre un contido musical ou transversal de artes e disciplinas como a escrita, o cine ou a fotografía, para dar a coñecer documentais, libros ou exposicións relacionadas con mulleres da industria musical.

O programa de mentoría é un dos eixos centrais de “Descúbreas”. Este ano serán de novo outras 8 nenas e mozas da provincia quen poderán iniciar os seus pasos profesionais na música, da man de mulleres referentes do sector en Galicia. As bases publicaranse a vindeira semana no BOPPO e poderán solicitalas mulleres de entre 16 e 35 anos, ampliando a idade máxima de participación, que o ano pasado se establecía en 30 anos. Durante as sesións recibirán formación musical transversal, obradoiros e charlas impartidas por profesionais, e gravarán cadanseu tema e videoclip que tamén serán lanzados nas principais plataformas de streaming e venda en liña.

Nesta edición de “Descúbreas” tamén se seguirán gravando vídeo-entrevistas a artistas sobre a situación das mulleres na música, vídeo-titoriais, distribuirase a newsletter semanal, ampliarase o directorio de mulleres profesionais, realizarase un novo vídeo colaborativo coas escolas de música da provincia (coas que se seguirán tecendo redes activas para construír un grupo activo inmerso na cultura feminista), prestarase o servizo de consultoría en liña para dar resposta ás inquedanzas das estudantes de música e, ademais, redeseñaranse e actualizaranse todos os contidos da plataforma web, na que tamén se difunden as principais novas e eventos de música en feminino.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00