O Concello de Ribadavia oferta unha ampla programación de Entroido
Recupera a máscara e o traxe da Botarga
Ribadavia
Xa queda pouco para que comece o Entroido. Este ano o Concello de Ribadavia recupera unha tradición de Entroido, como é a máscara e o traxe da Botarga; a máscara, ata comezos do século XX, era a máis popular no Ribeiro de Avia. O 17 e 18 de febreiro, realizarase a través da OMIX Ribadavia un obradoiro para poñela en valor.
O domingo de Entroido celébrase o desfile de carrozas e comparsas, e contarase tamén coa presenza dos Tabaleiros da Istoria, a Charanga Sorcha e a Mekanika Rolling Band.
O luns de Entroido ás 22:30 horas actuarán na Alameda as Broken Peach, de balde e sen necesidade de entrada previa e o martes de Entroido haberá festa e concurso de disfraces na Praza Maior a partir das 15:30 horas, para nenos e maiores. Coa actuación de Cé orquestra pantasma e tamén con DJ Tibu e Dj Bollo.
Os que ademais de asistir queiran participar do concurso ao mellor disfrace poderán inscribirse con antelación e no mesmo día, durante a celebración da actividade. Son tres as categorías: a individual infantil ata os 12 anos, a individual de maiores a partir de los 13 anos y la grupal, para grupos formados por tres ou máis persoas.
Podense consultar as bases do concurso aquí: https://ribadavia.gal/entroido-2023-bases-para.../
Ademais haberá desfile dos centros escolares e do Conservatorio Profesional E Escola Municipal De Música De Ribadavia e volverán os Compadres, Comadres e o Enterro da Sardiña no seu formato tradicional.