Nigrán decreta tres días de loito oficial e convoca unha concetración para gardar un minuto de silencio pola muller asasinada en Baiona
Outros municipios como Gondomar e Redondela tamén se suman nas condolencias
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/SJWX7BHOAZHITI7NK4HAJW6FEA.jpg?auth=8b7dde4cf0794119bd8f66dd48890cfa8ce9c5d239138f12da1e7bb524fd9077&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/SJWX7BHOAZHITI7NK4HAJW6FEA.jpg?auth=8b7dde4cf0794119bd8f66dd48890cfa8ce9c5d239138f12da1e7bb524fd9077)
O suceso acontecido na noite deste domingo no que unha veciña de Baiona era presuntamente asasinada pola súa exparella ten conmocionado a todo o páis.
Entre os municipios máis pretos, o Concello de Nigrán declara tres días de loito oficial con bandeiras a media hasta. Ademáis, convoca mañá martes 7 de Febreiro á veciñanza a gardar 1 minuto de silencio ás 10:00 horas ante o consistorio en memoria da muller asasinada en Baiona pola súa ex-parella e en sinal de absoluta repulsa ante a violencia machista. Igualmente, traslada o seu pésame á familia e achegados da vítima do noso concello irmá.
O loito oficial tamén se declarou noutro municipio a comarca do Val Miñor, Gondomar, onde tamén ondearán ata media hasta as tres bandeiras durante tres días e o seu Goberno tamén trasladou o rexeito ate o suceso.
Este non é o único concello que se une á repulsa contra o acontecido, tamén Redondela ten programado para este martes ás 20.00 horas unha concentración diante da casa consistorial.