La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
Emprego

O concello do Porriño contará cun polo de emprendemento e apoio ao emprego

Ofreceranse servizos de información sobre oportunidades de emprendemento e asesoramento personalizado, entre outros

Porriño contará neste 2023 cun espazo de dinamización e captación de proxectos. O Consello da Xunta de Galicia aprobou a petición do Concello do Porriño da posta en marcha este mesmo ano dun Polo de Emprendemento e apoio ao Emprego no municipio.

Neste centro ofreceranse, entre outros, servizos de información sobre oportunidades de emprendemento; asesoramento personalizado; espazos de traballo temporal e networking; captación de investimento e financiamento; e orientación, asesoramento e recursos físicos. As persoas usuarias, ademais, poderán acceder a convocatorias anuais de axudas para a consolidación do seu investimento e a xeración de postos de traballo.

“É unha gran nova para O Porriño poder contar un espazo que integre todas as ferramentas que existen na actualidade para apoiar as iniciativas emprendedoras, xa que estas son clave para fortalecer a economía local”, apuntou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Apostar polo emprendemento é apostar polo futuro”.

A Rede de polos da Xunta, da que xa forma parte O Porriño, aspira a converterse nunha plataforma eficaz de dinamismo laboral, ademais de contribuír a asentar a poboación e establecer sinerxias entre o rural e o urbano co obxectivo último de crear máis emprego de calidade a través de fórmulas de emprendemento que permitan fixar emprego, lograr a efectiva igualdade de xénero e modernizar o ecosistema emprendedor.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00