Hora 14 VigoHora 14 Vigo
Ocio y cultura

Comezan as homenaxes polas Letras Galegas

Galaxia rescata ‘Lourenzá’ de Fernandez del Riego, pola súa banda, Xerais ven de publicar ‘Conversas con Paco del Riego’ e una biografía asinada por Ramón Nicolás

'Lourenzá´de Francisco Fernández del Riego.

'Lourenzá´de Francisco Fernández del Riego.

Vigo

As primeiras homenaxes ao autor ao que este ano se adican as Letras Galegas veñen das máns das editoriais. Galaxia acaba de anunciar que teñen xa nos seus almacéns o libro "Lourenzá", e que en breve estará nas librerías. Nesta obra Francisco Fernández del Riego rende tributo a súa benquerida terra natal. Como el mesmo afirma no limiar do libro, “é unha historia rememorativa a que vou reproducir nestas páxinas. Tento contar nelas o que teño aprendido sobre o pasado da vila na que nacín e me criei. Vivencias dos días alí decorridos. Impresións sobre a paisaxe, o ambiente do lugar”.

Don Paco comparte as súas lembranzas nesta obra que bota máis luz sobre a súa figura.

Conversas con Paco del Riego de Perfecto Conde.

Conversas con Paco del Riego de Perfecto Conde.

Conversas con Paco del Riego de Perfecto Conde.

Conversas con Paco del Riego de Perfecto Conde.

Pola súa banda Xerais ven de editar "Conversas con Paco del Riego” de Pefecto Conde, froito das conversas entre ambos no 2008. Un verdadeiro testamento cultural e político do que pensaba e do que representou don Paco del Riego ao longo da súa vida, un testemuño onde ispe a súa alma e estrulla os miolos para transmitir todo o que sabía, pensaba e sentía sobre Galicia. Un libro sincero e auténtico, espontáneo, onde o entrevistado achega informacións históricas de gran valía e que de seguro resultarán de moito interese.

Vida e obra dun obreiro do galeguismo de Ramón Nicolás.

Vida e obra dun obreiro do galeguismo de Ramón Nicolás.

Vida e obra dun obreiro do galeguismo de Ramón Nicolás.

Vida e obra dun obreiro do galeguismo de Ramón Nicolás.

Además, tamén da man de Xerais e baixo a batuta de Ramón NIicolás, chega ‘Francisco Fernández del Riego. Vida e obra dun obreiro do galeguismo”. Unha biografía divulgativa sobre o autor das Letras Galegas 2023. Un libro para entender que sucedeu no galeguismo e na cultura galega do século XX.A historia dunha persoa honesta e comprometida.

Unha biografía divulgativa sobre Francisco Fernández del Riego, autor das Letras Galegas 2023. Un libro para entender que sucedeu no galeguismo e na cultura galega do século XX.A historia dunha persoa honesta e comprometida.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00