Uxío Benítez: "Temos en marcha máis de 100 proxectos Ágora na provincia"
A Deputación de Pontevedra revoluciona a convivencia entre peóns e vehículos co Modelo Ágora
![Balance del Modelo Ágora de Uxío Benítez](https://cadenaser.com/resizer/v2/https%3A%2F%2Fcloudfront-eu-central-1.images.arcpublishing.com%2Fprisaradio%2FXQX25GBE3NIMDKV2XT33PTUMZQ.jpg?auth=3a71b902e7a17a8f5887a6abecab457a781707ad17dedcb91da2bef1906ae397&quality=70&width=736&height=414&smart=true)
Balance del Modelo Ágora de Uxío Benítez
08:24
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Vigo
O Modelo Ágora xa é unha realidade en moitos municipios da área metropolitana e da provincia de Pontevedra. Nestes intres, hai máis de 100 proxectos en marcha. Deste xeito, a Deputación de Pontevedra segue a impulsar un modelo de convivencia entre peóns e vehículos, onde o protagonismo é, preferentemente, para os viandantes. Esta acción institucional recibiu varios premios e foi dada a coñecer en moitos foros en diferentes puntos do país. Dende o ente provincial a aposta é moi forte para seguir creando estes espazos co obxectivo de que os concellos aposten por esta filosofía á hora de facer proxectos de humanización, e para que técnicos e persoal dos concellos se formen adecuadamente para poder implementala.Da Facultade Ágora, do Modelo Ágora e do Plan 2023 da Deputación de Pontevedra falamos no Hoy por Hoy Vigo con Uxío Benítez, deputado provincial de Espazos Públicos e Mobilidade Sostible.