Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad

A San Silvestre de Salceda regresa cunha carreira nocturna e solidaria

A décima edición celebrarase polas rúas do centro urbano o 30 de decembro ás 21:30 horas

A alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón (segunda pola esquerda), na presentación da San Silvestre Solidaria 2022

A alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón (segunda pola esquerda), na presentación da San Silvestre Solidaria 2022

Salceda de Caselas

A carreira solidaria San Silvestre volta este Nadal ás rúas de Salceda na súa X edición. Celebrarase o vindeiro venres 30 de decembro e comezará ás 21:30 horas. Partirá dende a Praza do Concello e percorrerá 3 kilómetros por diferentes rúas do casco urbano da localidade.

As persoas que desexen participar deberá realizar a súa inscrición antes do vindeiro 27 de decembro as 0:00 horas. Todos os inscritos contarán coa cobertura dun seguro contratado polo Concello para accidentes e lesións asociados a esta proba deportiva.

Para inscribirse as persoas interesadas deberán cubrir un formulario que poderán atopar no seguinte enlace dentro da páxina web da Escolas Deportivas Municipais. A recollida de dorsais para os atletas participantes levarase a cabo entre as 19:00 e 21:00 horas do día 30 de decembro, no hall de entrada do auditorio municipal de Salceda, así como a recollida de leite para o programa de alimentos municipal.

Entregaranse premios para as primeiras persoas clasificadas en cada categoría e para rematar celebrarase un sorteo dun agasallo para entregar entre os atletas participantes que se atopen presentes na entrega de galardóns. Para alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón, esta carreira "constitúe unha peza fundamental da nosa programación municipal para estas festas de Nadal. Unha proba na que a xente goza de poder correr polas rúas do noso pobo ao mesmo tempo que apoiamos unha causa solidaria”, destaca.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00