La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Ocio y cultura
Decoración Nadal

Árbores feitas a man para decorar o comercio local de Ponteareas neste Nadal

Concello, Banastra e Adapta colaboraron na creación de elementos para decorar o comercio local estas datas

Unha decoración diferente. Isto é o que busca o Concello de Ponteareas para a campaña de Nadal do comercio local. A través dunha colaraboración coa Federación de Comercio, Hostalaría e Servicios, Banastra, e coa asociación Adapta crearanse elementos decorativos artesanais que permitan encher o comercio local de cor, “dinamizar a actividade durante unha das campañas máis importantes do ano e animar a toda a veciñanza a saír as rúas e mercar nos establecementos de Ponteareas, porque comprando no comercio local énchese de vida toda a vila”, explica a alcaldesa ponteareana, Cristina Fernández Davila.

“Queremos amosar o noso máis grande agradecemento a Banastra e a todo o equipo directivo pola súa implicación, xa que nos poucos meses que levan ao fronte xa federación xa levaron a cabo numerosas innovadoras e exitosas iniciativas para dar pulo ao comercio”, resaltou a rexedora.O Concello colaborou na adquisición do material para elaborar estas decoracións, así como no seu reparto entre os comercios e na compra e colocación das alfombras vermellas que estarán na rúa nas entradas dos establecementos.

Máis de cen árbores

Nesta ocasión Banastra retomou a colaboración que xa se levou a cabo noutras ocasións co Concello e encargouse de coordinar ao comercio local, deseñar, adquirir materiais e traballar man a man con Adapta e no reparto co Concello. A través desta colaboración as usuarias e usuarios do programa de persoas con discapacidade da asociación Adapta están creando máis de cen árbores que estarán colocados nos establecementos asociados de Banastra en Ponteareas.

Unha ilusión que transmiten en cada unha das árbores que fan, decoradas todas con lazos, estrelas e bolas de Nadal. Dende Adapta destacan que iniciativas como esta son moi interesantes “para visibilizar e abrir o traballo que fan as persoas usuarias a toda a poboación”. “Están encantados e encantadas coa participación neste proxecto e para todas e todos eles é moi emocionante ver logo o seu traballo exposto polas rúas de Ponteareas. Confiamos que poida ser o primeiro paso dunha colaboración estábel”, destaca Paula Táboas, responsable técnica de Adapta, que recalca o gran traballo en equipo que se desenvolve entre a asociación e as persoas usuarias nesta iniciativa e noutras que poidan levar a cabo.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00