Política | Actualidad

O Goberno de Cee pide explicacións á Xunta por mercar un inmoble para a oficina de emprego cando xa dispoñen dunha

Esixen tamén unha explicación ao candidato do PP Jesús Picallo ao que Lamela pregúntalle “se a súa forma de actuar vai ser a de primar o interese particular sobre o interese común”

Cee

A alcaldesa de Cee Margot Lamela criticou con dureza a decisión da Xunta de facerse cun inmoble por 300.000€ para albergar a nova oficina de emprego cando xa está outorgada a licenza para rehabilitación da antiga escola de Música.

A alcaldesa fixo un repaso cronolóxico dos traballos na procura dunha nova localización da oficina de emprego. Uns trámites que empezaron coa solicitude por parte da Xunta subvención para a reforma da antiga escola de música, subvención de máis de 377.000€ que lle foi concedida polo Estado en outubro de 2018 e que ingresou en febreiro de 2019. Nese momento o Goberno Galego solicitou a cesión por parte do concello de Cee da cesión do inmoble por 50 anos, solicitude aprobada en pleno o 26 de xuño do 2020. En setembro do mesmo ano a Xunta acepta a cesión e en maio do 2021 adxudica a redacción do proxecto básico de execución por un importe de 21.780€.

Xa en maio do 2022 a Consellería presenta no concello a solicitude de licenza de obra que lle foi outorgada o 3 de agosto. No mesmo mes agosto a licitación quedou deserta e, segundo explica Margot Lamela, informóuselle verbalmente do inicio dun novo procedemento de licitación para iniciar as obras en xaneiro do próximo 2023.

Segundo a alcaldesa a seguinte información que tiveron foi a publicación do DOG o asado martes 15 de novembro dun procedemento de compra, por concurso, dun inmoble en Cee para abrir unha nov oficina de emprego.

A alcaldesa acusa á Xunta de “vulnerar os principios de coordinación, cooperación, transparencia e confianza lexítima que rexen entre as administracións públicas”.

Dende o Goberno local piden explicacións á Consellería de Emprego pola decisión de rexeitar o local gratuíto cedido polo concello. Esixen tamén unha explicación ao candidato do PP Jesús Picallo ao que Lamela pregúntalle “se a súa forma de actuar vai ser a de primar o interese particular sobre o interese común”.

Para Margot a instalación da nova oficina de emprego na antiga escola de música suporía a revitalización da zona antiga da localidade.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00