Sociedad | Actualidad

A dirección de XEAL cifra nun 20% o seguimento da folga mentres o comité nun 80%

Os paros están enfocados a conseguir que a empresa se abra a negociar un convenio colectivo propio

XEAL / XEAL

Cee

A dirección da XEAL asegura que o seguimento da folga de 24 horas dos traballadores non tivo practicamente incidencia e non afectou ao normal funcionamento das fábricas nin das centrais eléctricas ou ser secundado o paro só polo 20% do persoal, segundo declaracións de María Couto, Directora Corporativa.

Couto asegurou que a xornada transcorreu sen incidencias importantes, a excepción de algúns danos illados provocados polos piquetes informativos “na propiedade privada de traballadores e da compañía”, feitos postos en coñecemento da autoridade competente.

A versión do comité de empresa é moi distinto, os representantes dos traballadores aseguran que a folga foi un “rotundo éxito” cun seguimento do 80% do persoal das fábricas e centrais hidroeléctricas.

O presidente do Comité, Alfonso Mouo, asegura que coa resposta dos traballadores á xornada de paro á empresa non lle queda outra saída que sentarse a negociar o convenio propio. Mouzo critica tamén á Xunta por non obrigar á empresa a negociar cos traballadores tendo en conta que se están beneficiando dos recursos naturais coas concesións hidoreléctricas.  Anuncia que continuarán coas mobilizacións se a empresa non accede a negociar o convenio.

Os paros están enfocados a conseguir que a empresa se abra a negociar un convenio colectivo propio e que cumpra as condicións da concesión que liga a explotación dos saltos hidroeléctricos ao mantemento do emprego nas factorías de ferroaleaciones.

"A empresa ten que dar unha solución a este conflito e abandonar a súa postura antidialogante e intransixente. Iso é o que lle estamos demandando as traballadoras e os traballadores con esta folga", explicou o presidente do comité de empresa, Alfonso Mouzo.

Nun comunicado emitido pola CIG, que cifra o seguimento da folga no 80%, os traballadores lamentaron a "falta de vontade negociadora" da dirección da compañía, á que afean que descartase a oferta de suspender os paros a cambio de fixar unha reunión para a próxima semana.

O comité de empresa considera que isto dá mostra de que a dirección "só" ten intención de manter a produción de enerxía, cuestión que, segundo figura nas condicións da concesión, está ligada ao mantemento da actividade nas fábricas, algo que os traballadores denuncian que non se está cumprindo.

Neste sentido, os traballadores consideran que a Xunta "non pode seguir pasiva" #ante esta situación e debe poñerse "ao lado" do persoal para "obrigar" a unha empresa que, como lembran, goza de concesións públicas "a sentar a negociar o convenio e poñer en marcha de inmediato un plan de viabilidade".

Así as cousas, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, trasladou o seu apoio aos traballadores de Cee-Dumbría, pois entende que a empresa "non ten escusa de ningún tipo para non sentar negociar o convenio, poñer as fábricas a pleno rendemento e saír desta situación de crise industrial que Xeal impuxo coa parada dos fornos".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00