Tribunales | Actualidad

O TSXG obriga á Xunta a admitir a trámite a solicitude de autorización dun parque eólico na Laracha

Para o tribunal "non resulta motivada" a resolución da Xunta, pois se basea na publicidade que ofrece o Rexistro Eólico de Galicia

Parque eólico / GETTY IMAGE

Parque eólico

A Coruña

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) obrigou á Xunta a admitir a trámite a solicitude de autorización dun parque eólico na localidade coruñesa da Laracha ao considerar non acreditado que se solapase con outras instalacións similares.

Más información

Así, na súa sentenza, a Sección terceira da Sala do contencioso-administrativo recoñeceu o dereito da empresa Norvento a que o Goberno galego admita a trámite a súa solicitude de autorización administrativa previa do Parque Eólico Pedrouzos, situado na Laracha.

Todo iso despois de que a Consellería de Economía, Emprego e Industria alegase para inadmitir a petición, en abril de 2020, a existencia de solapamento entre a proposta de Norvento e a doutros parques eólicos que constaban como construídos ou en trámite.

Con todo, o tribunal entende que a tramitación do expediente por parte da Administración foi "incorrecta", subliñando que "nin o Rexistro Eólico de Galicia (REG), por si só, nin a Consellería foron, nin son, capaces de acreditar a condición de solapamento entre as solicitudes da demandante e as doutros parques eólicos en tramitación".

Así, os xuíces inciden en que a Xunta non probou a concorrencia do solapamento, nin en relación co Parque Eólico Xalo nin co de Coto Loureiro, tramitado #ante o Ministerio para a Transición Ecolóxica. Os maxistrados aseguran que no expediente "non se deu xustificación documental nin técnica de ningún tipo dos feitos en que a Administración baseaba a súa conclusión de solapamento".

En cando á documental, o TSXG destaca que a Xunta non xustificou "a preexistencia dos procedementos de solicitude de autorización previa doutros parques eólicos". Sobre a técnica, explica que "non é suficiente con expresar que unha solicitude cursada con anterioridade determina o solapamento, senón que fai falta que a Administración acredite que o espazo xeográfico que ocupa o parque eólico para o cal se pide solicitude previa se solape no sentido previsto" na lei.

"Non resulta motivada"

Para o tribunal "non resulta motivada" a resolución da Xunta, pois se basea na publicidade que ofrece o Rexistro Eólico de Galicia, un documento que "non pode ser utilizado como un verdadeiro rexistro que dispense publicidade fronte a todos". Ademais, engade que tampouco non pode servir para xustificar "a existencia de solicitudes previas de autorización de parques eólicos, ao carecer dos elementos necesarios para identificar os titulares, os procedementos administrativos de referencia ou a data e hora de solicitude".

O TSXG lembra que os parques eólicos tramitados polo Ministerio non están obrigados a estar rexistrados no REG, polo que descarta a súa fiabilidade como ferramenta electrónica de acceso e consulta pública e de información de apoio para a xestión de solapamentos de parques eólicos.

"Ten que ser a administración, a partir dos datos de que dispoña, veñan do REG ou doutro sitio, quen declare a existencia do solapamento. A declaración será un silogismo que realice a administración onde funcionen como premisas a concorrencia xeográfica de proxectos e a constatación do momento da solicitude, dando preferencia ao anterior no tempo", conclúe a Sala na súa sentenza, contra a cal cabe presentar recurso de casación.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00