Gente

Este verán atendéronse 10.178 visitantes na oficina de turismo de Ribadavia

O turista de paso segue a ser determinante

Vista de Ribadavia / Maps

Vista de Ribadavia

Ourense

A atención ao público do 1 de xuño ao 30 de setembro según destacan desde este departamento municipal foi moi "abundante e continuada".

Suliñan unha notabel porcentaxe de visitantes que xa veñen co conto fixo do barrio xudeu, a Tafona da Herminia, o Papuxa ou as Termas de Prexigueiro cómo destinos a visitar.

As preferencias dos turistas son: " coñecer lugares de interese paisaxístico, sendeiros, aldeas bonitas e sitios con encanto natural, onde a auga e a paisaxe sexan protagonistas".

No referido aos viños e ao enoturismo, pídense adegas no conxunto histórico. A meirande parte dos visitantes non botan máis de 3 horas en Ribadavia, polo que tentan visitar o máis representativo sen necesidade de coller o carro

Dos 10.178 visitantes: 2.217 xantaron en Ribadabia y 249 aloxaronse. Estas cifras permiten concluir que o noso aínda é un turismo de paso.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00