Concellos da Costa da Morte piden á Xunta asesoramento técnico e cofinanciamento para facer fronte á seca
A Xunta pide medidas de aforro a poboación e autoridades locais
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/QH3KTHJCEUX5GVHWYMW5MXJFFY.jpg?auth=842a416746fdc219a872264cbd2f284c02242dfd16d2645af4c5d7e785a7a941&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Una mujer coge una botella de agua / Brais Lorenzo (EFE)
![Una mujer coge una botella de agua](https://cadenaser.com/resizer/v2/QH3KTHJCEUX5GVHWYMW5MXJFFY.jpg?auth=842a416746fdc219a872264cbd2f284c02242dfd16d2645af4c5d7e785a7a941)
A Coruña
Alcaldes e alcaldesas de Vimianzo, Laxe, Muxía, Camariñas e Zas reuníronse con responsables de auga de Galicia para falar da situación provocada pola seca e a baixada do leito de ríos e mananciais pola falta de choivas. O pasado venres a Xunta activaba a prelaerta na zona da conca do río Grande que non dispón de grandes encoros de abastecemento e, por tanto, nútrense desde os propios ríos ou desde pozos ou mananciais. A Xunta pediu que os municipios activen medidas para ahorar no consumo de auga. Alcaldesas como a de Vimianzo reclaman tamén apoio técnico de augas de Galicia para buscar alternativas técnicas de captación.
Mónica Fernández anuncia que o Concello está a estudar acometer novas infraestruturas con alternativas de captación. Pide asesoramento á Xunta de Galicia e compartir o financiamento.
A Xunta comunica que os indicadores durante esta primeira quincena do mes de agosto mostran que, de empeorar a situación, o abastecemento podería verse comprometido polo que os concellos afectados deben tomar xa medidas aforro e contención das demandas de auga, en prevención desa posibilidade. A Xunta volve reclamar á poboación que restringa o consumo de auga e solicita contención no seu uso público a concellos e outras institucións. Os concellos piden que se faga un consumo responsable.
Mantense tamén a prealerta para o río Anllóns.