Tui solicita máis de 1,6 millóns de euros para transformar o mercado municipal e o comercio local
O investimento previsto suporá a transformación integral da praza de abastos e a modernización e dixitalización de 300 negocios locais
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/35W3DOMWIBLTZCXLB7MZ2M63AQ.jpg?auth=ac1a228a0449ed91263a871afab1a1ed3001a22f0fb627f09c37d8022ee4bbb3&quality=70&width=650&height=314&smart=true)
Proyecto de reforma de la Plaza de Abastos de Tui que opta a fondos europeos. / Concello de Tui
![Proyecto de reforma de la Plaza de Abastos de Tui que opta a fondos europeos.](https://cadenaser.com/resizer/v2/35W3DOMWIBLTZCXLB7MZ2M63AQ.jpg?auth=ac1a228a0449ed91263a871afab1a1ed3001a22f0fb627f09c37d8022ee4bbb3)
Tui
El proyecto de “Reforma e modernización do mercado municipal e dixitalización e revitalización do comercio local de Tui” ha pedido el apoyo del Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para obtener fondos europeos a través del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia en la línea de “Ayudas para el apoyo a mercados, zonas urbanas comerciales, comercio no sedentario y canales cortos de comercialización”.
É a segunda vez que o goberno tudense opta a un plan similar que permitirá a revitalización do sector comercial do municipio. Así no mesmo inclúese a reforma integral do mercado municipal, que actualmente conta con preto de 20 postos e ocupa a máis dunha trintena de praceiros/as, a totalidade dos 286 establecementos comerciais do municipio, e o mercado non sedentario, que se celebra semanalmente os xoves, con preto de 140 postos.
O goberno local prevé un investimento de 1.677.189,47 € que contempla a reforma integral da praza de abastos coa transformación dos puntos de venda e a mellora da accesibilidade, así como a dixitalización do comercio local e accións de sostibilidade e economía circular. Tamén se completa con medidas relacionadas coa cadea de subministro e trazabilidade e actividades de formación e sensibilización. Neste proxecto contémplase por unha parte a reforma do mercado municipal co obxectivo a medio prazo de obter o selo de Mercado Excelente.
Para iso mellorarase a envolvente, sinalizaranse os accesos, o transporte, e as zonas interiores e exteriores. Interiormente pasará a organizarse entorno a catro prazas creando percorridos que fomentan a interacción. A zona central contará con lugares de descanso e asentos, e no perímetro ubicaranse os postos. Aproveitarase a luz natural do lucernario que se complementará con iluminación específica para as zonas principais e os produtos á venda. Crearase un espazo gastronómico, e unha área polivalente que servirá de obrador e sala de formación e degustación para acoller cursos ou charlas. Outras das melloras contempladas son a instalación de sistemas de aerotermia, illas ecolóxicas modulares para a recollida e separación de residuos, a instalación dun punto intelixente “smart lockers” (taquillas intelixentes para a recollida de produtos) e un sistema centralizado de control de quendas. Por outra parte levarase a cabo unha análise de tendencias de compra e de oferta da competencia.
As novas tecnoloxías estarán moi presentes nesta actuación xa que se prevé o desenvolvemento dun portal web e App para visibilizar e mercar no comercio local, o deseño e lanzamento de campañas publicitarias en soportes dixitais, unha plataforma colaborativa e un sistema de códigos QR para produtores locais, e a implantación de redes WIFI nos espazos e rúas comerciais. Outras actuacións serán a fabricación de packaging reutilizable para o comercio local. O mercado ambulante terá a súa propia App para a xestión administrativa e de información ao consumidor.
A formación é outra das liñas previstas coa impartición de cursos tanto dirixidos a mellorar o servizo e a experiencia cliente como na liña tecnolóxica sobre a implementación da web e da app o inglés básico comercial, ou sobre reciclado e reutilización. Os e as comerciantes e praceiros e praceiras tamén se beneficiarán dun mentoring individual para a integración dixital.