Xacarandaina estrea Endaterra, o resultado de 40 anos de investigación cultural
O espectáculo recupera bailes e melodías e reivinca os camiños inlgés e o de Santiago a Fisterra

Entrevista a Xacarandaina (22/07/2022)
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
A Coruña
Xacarandaina estreará hoxe o espectáculo de música e baile tradicional Endaterra, co que pon en marcha a xira que lle levará a presentalo por diferentes puntos da provincia da Coruña. A estrea será a partir das dez da noite no pavillón de deportes de Santa Comba.
Endaterra pretende reivindicar a arte inmaterial do roteiro xacobeo, en especial en dous camiños, o inglés e o que une Santiago con Fisterra. Desde o punto de vista artístico, é o resultado de 40 anos de investigación e recollida de material por diferentes aldeas para recuperar bailes e melodías. Quique Peón, director do espectáculo.
Endaterra fusiona teatro, baile e música tradicional galega, nunha montaxe que conta cunha banda sonora composta en exclusiva e que reúne a 80 artistas no escenario entre músico, bailaríns e coros.
O argumento baséase na peregrinación feita a Santiago en 1900 por unha aristócrata inglesa e a súa doncela de orixe galega, con epílogo en Fisterra e Muxía. Deste xeito, represéntase unha completa mostra da ampla cultura tradicional de dúas dos roteiros composteláns menos exploradas.
Este espectáculo conta co apoio da Deputación da Coruña, a Xunta e asociacións de municipios do Camiño Inglés e Fisterra-Muxía.
As seguintes datas de 'Endaterra' serán: Negreira (15 de agosto), Dumbría (15 de outubro), Oroso (22 de outubro), Abegondo (5 de novembro) e Culleredo (19 de novembro).