Catro lumes forestais permanecen activos na provincia de Ourense
Tres deles, según a Consellería do Medio Rural, están estabilizados
Os bombeiros do GES de Ribadavia traballando no lume da comarca
Catro lumes forestais permecen activos na provincia de Ourense según a información facilitada pola Consellería do Medio Rural a primeira hora de esta mañá. Tres deles xa foron estabilizados.
Carballeda de Valdeorras
Activo desde as 22,09 h. de onte un incendio en Carballeda de Valdeorras, parroquia de Riodolas, que afecta unha superficie estimada de 184 hectáreas. No seu control participan 1 técnico, 3 axentes, 11 brigadas, 7 motobombas e 1 pa.
Cualedro
Estabilizado desde as 3,45 h. da madrugada un lume no concello de Cualedro, parroquia da Xironda, tras comezar ás 19,03 h. de onte. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de 30 hectáreas. No lugar levan traballado ata o de agora 3 axentes, 9 brigadas, 4 motobombas, 1 pa, 1 avión e 5 helicópteros.
Melón
Permanece estabilizado desde as 14,29 h. de onte o lume rexistrado no concello de Melón, parroquia de Quins, que se orixinou ás 22,38 h. do martes. Segundo as últimas medicións, afecta unha superficie provisional dunhas 50 hectáreas. No seu control participan 17 axentes, 28 brigadas, 23 motobombas, 3 pas, 6 helicópteros e 3 avións.
Ribadavia
Tamén permanece estabilizado desde as 14,29 h. de onte o lume rexistrado no concello de Ribadavia, parroquia de Ribadavia, que comezara ás 22,11 h. do luns. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 65 hectáreas. Para a extinción deste lume lévanse mobilizado 2 técnicos, 26 axentes, 57 brigadas, 41 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 9 helicópteros e 5 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.