Dúas persoas resultan feridas tras sufrir un accidente en Carballo
Aconteceu no lugar de Carracha, en Sofán

Ambulancia do 061 / Sergas

Dúas persoas resultaron feridas e tiveron que ser evacuadas ata o hospital tras sufrir un accidente en Carballo, concretamente no lugar de Carracha, na parroquia de Sofán.
A Policía Local foi quen, pasados uns minutos das oito e media da tarde pasada, informou ao 112 Galicia do accidente.
O vehículo sinistrado, segundo informou Protección Civil, saíuse da vía na DP-1907 e dúas persoas maiores, o condutor e o acompañante, tiveron que ser trasladadas ao hospital por ambulancias debido ás súas feridas.
Engadiron, ademais, que un muro foi derrubado debido ao impacto do vehículo.
Nada máis recibir o aviso, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e dos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade. Tamén foron informados os Bombeiros de Carballo.