Pon o teu balcón bonito
Convocado o primeiro concurso de exposición de balcóns e fachadas

Cartel anunciador do Concurso de decoración de balcóns e fachadas / red

Radio Ribeiro
Desde o Concello de Ribadavia fan un chamamento a veciñanza a participar na exposición de balcóns e fachadas que será do día 25 de este mes de xuño ao 10 de xullo, período no que o tribunal realizará fotografías e valorará os participantes.
A Inscrición está aberta ata o día 23 de este mes. Trátase de un concurso de decoración tanto para casas como para establecementos comerciais e hostaleiros.
Poderán optar coa decoracións de Balcóns, ventás, fachadas, así como portas e portais, sempre que sexan visibles desde a rúa.
Presentarase preferiblemente a través de medios electrónicos, sede electrónica do Concello, dirección de correo electrónico, concursofloravia@ribadavia.es , ou na Oficina do Rexistro do Concello ou, en su defecto por calquera de las formas previstas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Haberá diferentes premios: un primeiro premio dotado de 100 euros, un segundo premio dotado de 75 euros, un terceiro premio dotado de: 50 euros y 3 Accésit dotados de 25 euros cada un. Os Premios serán en cheques regalo para trocar no comercio local de Ribadavia.