Muíños acolerá a IV edición do Campionato de España de medio maratón de piragüismo
Participarán 450 embarcacións con 580 deportistas pertencentes a 78 clubs de case toda España

Muíños acollerá a IV edición do Campionato de España de medio maratón de piragüismo / Deputación Alberte

O Concello de Muíños transformarase o vindeiro fin de semana no centro do piragüismo de España, xa que no campionato participarán 580 deportistas de 78 clube procedentes de case todas as comunidades autónomas.
A proba contará con 7 categorías diferentes e 6 modalidades, cunha distancia de entre 10 e 16 quilómetros. O inicio da competición está previsto para as 10:00 horas do sábado, 28 , e co peche á mesma hora do día seguinte. As máis de 450 embarcacións partirán do punto inicial cada 2 minutos.