A CIG denuncia a Correos diante da inspección de traballo por incumprimento da lei de riscos laborais
“Esperando por cadeiras,sen mesas de clasificación axeitas e soportando temperaturas extremas mais de dous anos en Tui, Ponteareas e Salceda.”

Correos / Agencia

Vigo
O sindicato CIG ven de presentar denuncia diante da Inspección de Traballo, ante o que considera unha total falta de respecto e incumprimento da lei de riscos laborais, por parte de Correos para co persoal da empresa.
As compañeiras e compañeiros dos centros de traballo de Tui, Ponteareas e Salceda de Caselas, levan dous anos solicitando que se atendan os medios, que permitan desenvolver o seu traballo sen poñer en risco a súa saúde , sinalan dende a CIG.
A petición de cadeiras no caso de Tui, a adecuación das mesas de clasificación en Ponteareas ou o aire acondicionado en Salceda, son reclamacións feitas polos propios traballadores en reiteradas ocasións sen que houbese resposta. Por outra parte o sindicato CIG, fixo chegar estas necesidades a os responsables da empresa tamén en varias ocasións, obtendo como contestación no mellor dos casos que xa se lle ia poñer solución. No caso das cadeiras de Tui e dado que é algo que mesmo ocorre en outras unidades do pais, foi enviada reclamación o centro directivo en Madrid no pasado mes de marzo.
Por si fose pouco a perda de poder adquisitivo, a subida do carburante que segue sen ser atendida por parte da empresa ,revalorizando do suplido por este concepto ,agora tamén poñer en risco a saúde, por non atender necesidades básicas, sinalan .
Demandan o cumprimento da lei e por tanto que se atendan as reclamacións de xeito inmediato . É inconcibible que sexa unha empresa ligada a administración quen incumpra a lei e trate os traballadores de este xeito.