Aberto o prazo para inscribirse nos cursos de natación en Ribadavia
Serán no verán

Cartel anunciador dos cursos de natación do Concello de Ribadavia / red

Radio Ribeiro
Os interesados xa poden solicitar praza nos cursos de natación, o número de prazas é de un máximo de 80. Ofrécese a nenos de 4 anos en adiante, dende o 4 de Xullo ao 31 de Agosto. Serán de luns a venres en horario de mañá, entre as 11:00 h. e as 14:30 h. e cunha duración 45 minutos.
A solicitude de praza é ata o 7 de Xuño ás 14:00 horas, a adxudicación de prazas do 13 de Xuño ao 17 de Xuño, o aboamento da matrícula do 20 de Xuño ao 24 de Xuño.
Os criterios para a adxudicación de prazas son: estar empadroados no Concello de Ribadavia, ️atoparse en situación de aboado ao servizo acollido a calquera das modalidades recollidas na ordenanza nº 24 de prezos públicos por uso das Instalacións Deportivas Municipais B.O.P. (31/01/2012) é en terceiro lugar estar matriculados no curso anterior.
Pódese cubrir a solicitude dispoñible no web do Consello Municipal de Deportes Ribadavia , ou ben recollela directamente nas oficinas do Pavillón do Consello.