Sergas e Universidade crean a primeira app para o autocoidado de pacientes con Crohn e Colite ulcerosa
Vigo é a primeira Área sanitaria de España que conta con esta ferramenta que axuda no longo proceso destas enfermidades crónicas
NaN:NaN:NaN
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1653404583212/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Vigo
A Unidade de Enfermidade Inflamatoria Intestinal do Hospital Álvaro Cunqueiro e o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, porán á disposición dos pacientes diagnosticados coa enfermidade de Crohn ou Colite ulcerosa unha aplicación para o seu autocoidado. Así o fixeron público hoxe os profesionais implicados neste proxecto, con motivo do Día Mundial da Enfermidade Inflamatoria Intestinal
Polo de agora, o Servicio Galego de Saúde ten 2.006 persoas diagnosticadas e en seguemento cunha destas dúas doenzas na Área Sanitaria de Vigo que se beneficiarían desta nova ferramenta. Segundo a Dra. Luisa de Castro, integrante da Unidade de Enfermidade Inflamatoria Intestinal no Álvaro Cunqueiro, “detectamos que os nosos pacientes precisaban unha ferramenta na que resolvesen todas as cuestións e dúbidas que se lles plantexa no día a día no manexo da súa enfermidade, dada a importancia de manter o tratamento”.
O abandono do tratamento chega ao 30 por cento dos casos o que empeora notablemente a situación destas persoas. “Nas enfermidades crónicas o autocoidado é fundamental. Pensamos que era necesario deseñar unha ferramenta na que puidésemos chegar ata os nosos pacientes a través das tecnoloxías, e aí nace este proxecto, no que contamos coa experiencia dos investigadores de atlanTTic”, conclúe De Castro.
Piloto con 160 pacientes
Segundo a investigadora Rebeca P. Díaz, coordinadora do grupo Information and Computing Lab de atlanTTic, e responsable da parte técnica do proxecto xunto ao seu compañeiro Manuel Caeiro, do grupo de Enxeñaría de Sistemas Telemáticos, “creamos un total de 25 unidades didácticas, baseadas en vídeos en pequenos cuestionarios interactivos, para poder definir diferentes itinerarios formativos en función do tipo de tratamento e enfermidade do paciente.
Desenvolvimos o conxunto da plataforma co contido facilitado polo equipo de Dixestivo e, polo de agora, temos un piloto que probaremos en 160 pacientes e, en outubro, teremos os primeiros resultados para poder poñelo á disposición dos pacientes que o precisen”.
Primeira de España
A Área Sanitaria de Vigo é a primeira de España que conta cunha ferramenta de microaprendizaxe feita a medida para o paciente. “Empezamos por esta Área pero cremos que terá utilidade a nivel nacional xa que é un proxecto financiado polo Instituto Carlos III. Polo tanto, somos pioneiros en pór a disposición dos pacientes ferramentas útiles para o control destas enfermidades”, explica De Castro.