Víctor Freixanes apela ás orixes familiares de Rueda: "Supoño que algo leva dentro"
O presidente da RAG recorda que o novo presidente da Xunta é sobriño neto de Ramón de Valenzuela, un dos grandes escritores galegos no exilio
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Entrevista ó presidente da RAG, Víctor Freixanes
Santiago de Compostela
O presidente da Real Academia Galega confía en que o cambio na presidencia da Xunta supoña un pulo ás asignaturas pendentes en materia lingüística. En declaracións á Cadena SER, Víctor Freixanes considera que hai que darlle algo de marxe a Alfonso Rueda.
Pese á súa participación en manifestacións a prol do castelán no ensino en Galicia, Freixanes tira do pasado familiar do novo presidente da Xunta para albiscar algunha esperanza. "É sobriño neto de Ramón de Valenzuela, un dos grandes escritores no exilio, supoño que algo leva dentro".
Freixanes observa un cambio de tendencia entre a mocidade galega. Ten detectado un maior sentimento de orgullo e consciente do que supón ter unha lingua propia, e nese cambio enmarca fenómenos como o das Tanxugueiras.
Coida además que é preciso un maior impulso para o galego que debe acompañarse de máis recursos económicos e humanos por parte da Xunta.