A Costa da Morte, fábrica de talento
Varios xoves da bisbarra veñen de triunfar en certames estatais

Niño estudiando con el ordenador / EUROPA PRESS

A Costa da Morte
A Costa da Morte estase a descubrir como un viveiro de talento nos últimos tempos. Ao longo dos últimos meses son varios os estudantes que trunfan en diversos certames estatais, recoñecendo así o gran traballo que se fai en diversos centros educativos da comarca.
Nos últimos días o protagonismo recaeu en Mateo Pérez. O estudante do Agra de Raíces ceense proclamouse bicampión nas Olimpiadas de Física e Química a nivel galego. Pero non contento con ese éxito, o pasado 29 de abril fíxose co ouro nas Olimpiadas Nacionais de Física e co bronce nas de Química, completando un currículo difícilmente igualable á súa idade. En ocasións o éxito xa non está en conseguir galardóns, senón en pasar os duros criterios de selección para acudir a certames internacionais. É o caso de Esther Suárez e Diego Castro, alumnos do pontecesán Isidro Parga Pondal. Eles van a participar nun certame que ten por sede Estocolmo e que está considerado como o Premio Nóbel da auga. Os expertos valoran as investigación realizadas en torno a auga e a sustentabilidade e o traballo realizado por estes mozos sobre a monitorización do nivel de auga nos ríos valeulles para que lle abrisen as portas deste evento internacional.
Pero non só nas ciencias destaca a xuventude na bisbarra. Nunha disciplina inxustamente denostada como a filosofía tamén chegan éxitos á fin da terra. Recentemente un estudante do Maximino Romero de Lema baiés, Lucas Romero, resultou gañador da Olimpiada Filosófica na modalidade de disertación. E tamén nun sector puxante como o turístico aparecen novos referentes. En concreto da cocina, un dos grandes escaparates da Costa da Morte. A carballesa María Piedra fíxose co ouro nas Olimpiadas Estatais de FP na modalidade de cocina. Son algún exemplos dunha xuventude que quere escapar dos clichés impostos e que co seu bo facer axuda a situar a Costa da Morte tamén na vangarda do saber.