La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Política
O Porriño

O Porriño propón a contratación de 43 persoas desempregadas para apoiar os servizos municipais

O Goberno Local impulsa a creación de emprego e a prestación dos servizos municipais presentando un plan de reforzo para a contratación de persoal

Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Emprego e Formación, Rosario Costas / Concello de O Porriño

 Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Emprego e Formación, Rosario Costas

Vigo

O Concello do Porriño vén de presentar un plan de apoio á prestación de servizos municipais que permitirá a contratación de 43 persoas desempregadas que desenvolverán función nos diferentes departamentos municipais.

“Os cidadáns do Porriño cumpren co seu deber e pagan os seus impostos e o Concello debe cumprir co seu e prestar en condicións os servizos públicos”, explicou o Alcalde, Alejandro Lorenzo, “Moitos destes servizos non se estaban a prestar de maneira axeitada, a situación que nos atopamos é nefasta e o persoal co que contamos insuficiente. Por iso deseñamos este plan de reforzo do persoal que nos permitirá non só poner a funcionar o Concello e impulsar novas iniciativas, senón tamén incorporar ao mundo laborar a 43 persoas que neste momento se atopan en situación de desemprego”.

A tal fin, o Concello fará a maior aportación de fondos que se fixo ata o de agora. O custe deste programa laboral roza o medio millón de euros: 450.489 euros, dos cales 226.489 corresponden á solicitude cursada ao ente provincial e os 224.061 corren a cargo do Concello.

As persoas que se van contratar terán que estar inscritas no Servizo Público de Emprego que será o encargado de facer a preselección, por iso é importante que todos aqueles interesados se inscriban xa nas diferentes ocupacións para cando se presenten as correspondentes ofertas de emprego.

Impulso dos servizos municipais

Os traballadores integraranse nos diferentes servizos e departamentos municipais. No departamento de Obras contrataranse a dous oficiais de primeira carpinteiro, un oficial de primeira soldador, tres oficiais de primeira albaneis, sete peóns de obra pública, dous oficiais de primeira electricista, un oficial de primeira fontaneiro e un oficial de primeira tractorista/conductor de grúa.

Entre as funcións que desempeñarán neste departamento está o mantemento e reparación de parques infantís e instalación deportivas, construcción e reparación de beirarrúas, mantemento de instalacións municipais, transporte de material ou roza.

No caso do departamento de Parques e Xardíns incorporaranse doce peóns forestais, que desempeñarán tarefas de rozado e retirada de vexetación e maleza nos viais das parroquias e traballos de recollida de entullos e o mantemento e mellora dos xardíns.

Un auxiliar de enfermería dará respaldo á Unidade Asistencial a Drogodependentes, un auxiliar administrativo ao Departamento Servizos Sociais e dous para o Departamento de Cultura que desenvolverán función de información e atención aos usuarios da Biblioteca municipal.

Tamén se contratará un titulado na Diplomatura ou Grao de Turismo para traballar no desenvolvemento do Departamento de Turismo e un técnico en informática que se precisa no Departamento de Novas Tecnoloxías.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00