Sociedad | Actualidad
Diputación Provincial Pontevedra

Adolfo Baloira: "O máis importante que pode haber nunha cidade é aire puro e facilitar o exercicio"

Adolfo Baloira, médico xefe de neumoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, participou na Facultade Ágora

El doctor Adolfo Baloira, jefe de Neumología del Complexo Hospitalario de Pontevedra. / Cadena Ser

El doctor Adolfo Baloira, jefe de Neumología del Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Vigo

Adolfo Baloira, médico xefe de neumoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, está considerado un dos 165 mellores médicos do estado segundo a revista “ Best Doutor Spain”, de Forbes. Coordina a unidade de seguimento creada na área sanitaria de Pontevedra con motivo da pandemia por covid19. Tamén traballa en diversos programas de investigación na UVigo e é un destacado investigador sobre a enfermidade pulmonar obstructiva crónica ( EPOC). Suma máis de 50 artigos sobre patoloxías respiratorias en diversas publicacións científicas.

Adolfo Baloira particiou na Facultade Ágora e ista foi a súa experencia:

Pregunta: ¿Cómo foi a experiencia en Ágora 2021?

Resposta: Esta era a primeira vez que eu participaba en Ágora, da Deputación de Pontevedra. Non coñecía exactamente o que era e tiña unha certa expectativa. Primeiro porque o nome,  é un nome bonito. E segundo, porque era para falar a xente totalmente allea á medicina, digamos, a nivel profesional. Son arquitectos, xente que ten que ver co urbanismo, era unha cousa moi interesante. Estamos ademais nunha etapa en que todo o que ten que ver con ecoloxía, pois esperta moito interese e a min pareceume tan ben que era importante contar desde o punto de vista da saúde.

¿Que é o que pode ofrecer unha cidade no bo e no malo? E meu tema, do que tiña eu que falar e comentar cousas, era xusto iso. Desde o punto de vista un pouco da patoloxía respiratoria. ¿Que podía facer unha cidade por nós? É un tema de case, eu diría de capital importancia, porque hai dous aspectos o primeiro, o que máis pode coñecer todo o mundo, que chama a atención, é a calidade do aire que respiremos na nosa cidade. Como respirar, que é o único que hai que facer continuamente, pois temos que ter o mellor posible no que imos respirar, que é o aire.

A OMS calcula que hai máis de 5 millóns de mortes prematuras ao ano pola mala calidade do aire que respiramos, por contaminación e, entón comentei un pouco nesta reunión, pois os principais tóxicos que podemos ter no aire ambiente. Son sobre todo derivados do nitróxeno, derivados do xofre, as partículas que hai en suspensión e que se producen tanto desde vehículos como desde fábricas, como desde fumes de calefacción. Ou sexa, todo o que teña que ver coa combustión pode dar lugar a isto. E logo tamén ver como é posible limpar un pouco ou bastante o ambiente en función do tipo de fábricas que poida ou non haber próximos ás cidades, como regulando a circulación do tráfico e en función tamén do clima que haxa en cada lugar. Porque nos lugares onde o clima é bastante, digamos inestable e ventoso, é moito máis fácil limpar o ambiente e aqueles lugares.

P: ¿É posible, en Vigo, en Pontevedra, en Galicia en xeral que haxa un aire mellor?

R: Pois sí, inflúe. Nas zonas con onde hai vento frecuente, onde hai choiva con certa frecuencia que tamén axuda a limpar o ambiente, sobre todo de partículas de micro partículas que están en suspensión. Pois iso mellora a respiración, a calidade do aire nunha cidade, por exemplo, como sucede en México, das máis contaminadas do mundo, á parte de por o tremendo volume de tráfico que ten cos seus coches antigos, moi contaminantes, etcétera. Pois é porque está rodeado de montañas nunha zona onde se moven moi moi pouco o aire.

Na charla puxen o exemplo de dúas cidades bastante parecidas en canto ao número de habitantes, pero totalmente opostas na calidade do seu aire, que son Ciudad de México e Tokio. Ambas cidades están ao redor dos 25 millóns de habitantes. Tokio ten unha calidade de aire excelente e en cambio Ciudad de México ten unha calidade de aire moi, moi mala. E calquera que estivese na Cidade de México notaríao, mesmo no cheiro. Tamén inflúe moito a cantidade de zonas verdes que podamos poñer, porque todo o mundo sabe dabondo que eliminan anhídrido carbónico, as plantas con clorofila e fabrican osíxeno. E iso é algo moi a ter en conta.

Deixando aparte a contaminación, outro aspecto de cidades saudables é que faciliten o desprazamento a pé, ou sexa, que faciliten o facer exercicio. Un exercicio moderado, é algo barato, e é quizá dos aspectos, xunto con algunha boa nutrición, que máis contribuíron a aumentar a expectativa de vida e a calidade de vida da xente. Bo, os médicos un pouquiño fixemos, pero o camiñar, o moverse, o exercicio é fantástico.

O camiñar dúas horas á semán, xa aumenta a supervivencia e diminúe o número de veces que hai que ingresar no hospital, só dúas horas á semana, é moi barato. No caso de Vigo, Vigo ten moitas costas, complícao un pouquiño máis, pero se se quere tamén se poden facer. Pero é que é unha cidade debe ter circuítos específicos para camiñar, que teña zonas amplas, que sexa cómodo, que sexa atractivo camiñar por eles. Unha cousa que ás veces se cadra esquécense os que planifican o urbanismo, que é que moitas das persoas que saen a pasear, teñen unha capacidade de camiñar limitada por patoloxías articulares, respiratorias, cardíacas e ten que haber zonas de descanso, de repouso, bancos onde poidan sentar. Se tes un circuíto moi bo, moi ben deseñado, de dous ou tres quilómetros, que se cadra para un individuo normal, pois pode ser que le leve unha hora de camiñar. Se non lle pos algúns bancos, lugares onde poida sentar e que sexa agradable, posiblemente non vai poder utilizalos. O idóneo é facer circuítos contando máis ou menos o tempo para percorrelos e adaptados un pouco, pois a diferentes enfermidades e que estean sinalizados.

Na súa intervención na Facultade Ágora, Baloira,  falou de como inflúe o aire de boa e mala calidade nas enfermidades respiratorias e como para calquera individuo, más aínda para as persoas que teñen problemas respiratorios, é beneficioso ter lugares para camiñar.

Adolfo Baloira, médico xefe de neumoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, Ágora

06:52

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Subliñou como a contaminación e que haxa partículas en suspensión irritantes dá lugar a enfermidades respiratorias e tamén inflúe no contaxio por COVID, xa que algúns casos de maior contaminación están correlacionados con maior incidencia de infección por coronavirus.

Lonxe de indicar a ninguén como ten que facer a súa cidade, Baloira si deixou caer ante representantes políticos e técnicos que o deseño das vilas inflúe na calidade de vida en relación coa saúde e a supervivencia das persoas a medio prazo. “Hai cidades deseñadas para a saúde e outras que o son para o contrario”, subliñou, engadindo que non queda outro remedio que convivir con coches e situacións que non son saudables, pero hainas que minimizar ao máximo. “Que ti teñas un parque preto, e que poidas ir camiñando e estea cheo de árbores é saudable. Se tes diferentes percorridos ou rutas pola cidade para ir a pé, con diferentes distancias para diversas posibilidades de persoas usuarias, de 30 45 ou 60 minutos, iso sería moi saudable. É un tratamento tan válido como os inhaladores que damos para dilatar os bronquios”, destacou.

As claves para unha cidade ideal, segundo Baloira son: ter un tamaño razonable, humano, ata 100.000 habitantes; dispoñer de zonas chas e peonalizadas onde prevaleza o camiñar sobre o coche; moito espazo verde, porque mellora emocionalmente a calidade de vida e mellora a calidade do aire; e intentar que non haxa exceso de polución na medida do posible, que as fábricas e os seus irritantes non estean preto das aglomeracións humanas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00