Gente | Ocio y cultura

A Deputación homenaxea a Tettamancy, fundador da RAG e impulsor do recordo aos Mártires de Carral

"Unha debida homenaxe que chega tarde", resumiu a Deputada de Normalización Lingüística, María Muíño

Francisco Tettamancy, fundador de la RAG e impulsor del recuerdo a los Mártires de Carral / Real Academia Galega

Francisco Tettamancy, fundador de la RAG e impulsor del recuerdo a los Mártires de Carral

A Coruña

A Deputación da Coruña homenaxeou esta mañá ao intelectual Francisco Tettamancy, un coruñés descoñecido para boa parte dos cidadáns, pero cunha traxectoria vital e profesional únicas. Nacido a mediados do século XIX do seu falecemento cúmprese un século este ano. Escritor en galego e castelán, foi membro fundador da Real Academia Galega (RAG) e das Irmandades da Fala. Foi un dos principais impulsores da homenaxe aos Mártires de Carral.

"Unha debida homenaxe que chega tarde" resumiu a deputada de Normalización Lingüística, María Muíño, esta mañá no acto celebrado no pleno do organismo provincial, do que Tettamancy foi funcionario. "Francisco Tettamancy foi un dos grandes da nosa historia e pensamos que como tal ten que ser lembrado", aseguraba este luns a deputada .

Ao acto acudiu unha bisnieta do intelectual, Charo Varela. "Para a familia esta homenaxe ten unha importancia non cuantificable", manifestaba,

Como parte da homenaxe a Tettamancy a Deputación editará o libro A revolución galega de 1846, un libro "importantísimo para entender esa época", apuntou o deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas. Tamén se fixo unha ofrenda floral esta mañá na tumba do intelectual en San Amaro.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00