Fútbol | Deportes
Fútbol

O Bergantiños terá opción de revancha ante o Raio Vallecano

Entrevista a Pablo Agulló, capitán do Bergantiños (03/12/2021)

Entrevista a Pablo Agulló, capitán do Bergantiños (03/12/2021)

05:31

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Sabíamos que o sorteo celebrado hoxe na sede da RFEF en Madrid ía deixar un choque ben especial para o Bergan, pois tiñan a certeza de que se ían medir a un equipo da primeira división. Pero o destino quixo que o elexido para disputar a segunda rolda da Copa do Rei fose o Raio Vallecano, o mesmo equipo que alá por 1987 participara na maior xesta do club carballés.

O partido aínda non ten data fixa, pero será entre o martes 14 e o xoves 16 de decembro, e dende a directiva esperan que se volva celebrar nas Eiroas. Alí chegaría un Raio Vallecano que marcha sexto na Liga, un posto por diante do Barcelona, convertido no equipo revelación da tempada tanto por resultados como polo seu xogo.

Un Raio que xa sabe o que é visitar Carballo. O fixo en 1987 para xogar a volta da cuarta rolda daquela Copa do Rei, despois de vencer na ida ó Bergantiños por 3-2 en Vallecas. O choque de volta aínda se recorda na bisbarra como unha das maiores xestas deportivas que se deron na volta, cun cadro local que chegou ao minuto 85' clasificado, vencendo por 3-1 e dispoñendo dun penalti para facer o cuarto. Pero nin o penalti nin o partido acabaron ben. Xa que un gol do Raio no 89' mandaba o encontro a unha prórroga na que os madrileños aínda marcaron outros dous.

Agora os de Lemos teñen oportunidade de revancha.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00