Nace 'Peixes da Lonxa da Coruña', selo para reivindicar o produto de mar coruñés
Esta mañá foi presentado no Mercado da Praza de Lugo o selo que desde hoxe identificará os produtos de mar coruñeses
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/YVHHQCY6MZJ6JHM4XC37FFP34Y.jpg?auth=03db9e94f05d8d7b0a6c7c07ca320b64b2f0fc28fc30e0204d25f0662bebdca7&quality=70&width=650&height=270&smart=true)
Inés Rey presenta o selo de orixe ‘Peixe da Lonxa da Coruña’ para impulsar o produto pesqueiro local / Concello da Coruña
![Inés Rey presenta o selo de orixe ‘Peixe da Lonxa da Coruña’ para impulsar o produto pesqueiro local](https://cadenaser.com/resizer/v2/YVHHQCY6MZJ6JHM4XC37FFP34Y.jpg?auth=03db9e94f05d8d7b0a6c7c07ca320b64b2f0fc28fc30e0204d25f0662bebdca7)
A Coruña
Esta mañá foi presentado no Mercado da Praza de Lugo o selo que desde hoxe identificará os produtos de mar coruñeses: Peixes da Lonxa da Coruña. Un distintivo que impulsa o Concello da Coruña para poñer aínda máis en valor o produto que chega á lonxa coruñesa e que se vende nos mercados da cidade.
A presentación fíxoa a propia alcaldesa, Inés Rey, acompañada do presidente da lonxa, Juan Carlos Corrás e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería da Coruña, Héctor Cañete.
Son case 10.000 as familias que viven do sector pesqueiro e as súas industrias auxiliares e con este selo reivindícase "o produto fresco e de calidade". A campaña impúlsase nun primeiro momento nos mercados e comercios da cidade, pero irá ampliándose tamén á comarca.
A importancia da marca quedou patente nun mercado que esta mañá ofrecía os mellores produtos saídos da lonxa coruñesa e ás portas da principal campaña de vendas do ano.