Política | Actualidad
O Porriño

Moure visita varias obras de pavimentación e saneamento

Obras en O Porriño / Concello de O Porriño

Obras en O Porriño

Vigo

Lourdes Moure, concelleira de Vías e Obras comprobou esta mañá o estado de execución de diversas obras de saneamento, pavimentación e beirarrúas que están a realizarse polo Concello do Porriño.

No lugar de Carbón, en Atios, informouse do grao de execución, que xa está moi avanzado, da instalación de saneamento deste núcleo, onde xa se cubriron foxas e se procederá de inmediato á pavimentación. A empresa adxudicataria, "Naturgalia S.L" tivo un prazo de execución de 3 meses. O orzamento foi de 47.821 € no marco do "Plan Concellos 2020" Liña 1, da Deputación de Pontevedra.

Tamén "Naturgalia" está a executar a reforma de beirarrúas na rúa Ramiranes ata o linde co concello de Mos, traballos que tamén comprobou a concelleira.

A obra busca dar continuidade á reforma da beirarrúa que se levou a cabo hai anos unificando ancho e materiais, para mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade dos peóns.

Estas obras teñen un orzamento de 25.667 euros que se financian tamén con cargo a unha das partidas remanentes do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.

MADORRAS E ORBENLLE

A concelleira de Vías e Obras tamén visitou en Madorras (Mosende) as obras de instalación das canalizacións de saneamento, xa rematadas e o inicio da pavimentación do tramo, que realiza persoal de "Construcciones Narom"

Esta mesma empresa resultou tamén adxudicataria da pavimentación dun tramo de 500 metros lineais da estrada de Orbenlle en Budiño, cuxo resultado tamén foi verificada pola concelleira.

Tanto as actuacións de Madorras como a de Orbenlle están financiadas pola Concello de Porriño con cargo aos 729.478 euros do Plan de Mellora de Viarios Públicos.

Trátase dunha ducia de actuacións de asfaltado, saneamento e mellora dos servizos municipais nas parroquias do municipio que a corporación aprobou por unanimidade no pleno ordinario do pasado 28 de xullo, tras as negociacións que mantivo a concelleira Lourdes Moure cos grupos municipais.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00