A Biblioteca Valle-Inclán de Redondela acolle a presentación do libro "Peúgo, o calcetín melenudo"
A presentación, o 25 de novembro ás 18:30 horas, contará ademais cun contacontos e obradoiro realizados pola propia autora, Jessica Rodríguez Piñeiro

'Peúgo, o calcetín melenudo' / Concelo de Redondela

Vigo
A Biblioteca Municipal "Valle-Inclán" de Redondela únese á conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller cunha actividade infantil ao redor do álbum ilustrado "Peúgo, o calcetín melenudo" que terá lugar o vindeiro 25 de novembro, ás 18:30 horas.
Trátase dunha proposta dirixida a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 6 e 9 anos na que, a presentación do libro, vai acompañada dun contacontos e máis un taller, e que correrán a cargo da propia autora: Jessica Rodríguez Piñeiro, mestra do CEIP Plurilíngüe de Cedeira e nominada en dúas ocasións aos premios Educa-Mellor Docente de España.
A actividade é totalmente de balde pero precisa inscrición previa na Biblioteca Municipal ou no teléfono 986 401561