Guadi Galego: "Teño moitas ganas de actuar en Vigo porque alí nacín coma artista"
A cantante de Cedeira actúa este domingo no Teatro Afundación
Vigo
É unha das voces máis singulares da música galega e da música en galego. Guadi Galego é un extraordinario talento que ofrece sempre un directo espectacular onde experimenta, xoga, mestura a súa música. Neste mes de novembro vai facer unha parada da súa xira Costuras en Vigo, logo de recibir da Delegación do Gobierno en Galicia o Premio Meninas polo seu compromiso coas mulleres e coa igualdade. A cantante de Cedeira actúa este domingo no Teatro Afundación ás 19:30 horas. Bos recordos ten de Vigo porque aquí, como dí ela, comezou a carreira de Guadi Galego. Este martes falamos con ela no Hoy por Hoy Vigo.