Economia y negocios | Actualidad
Sector naval

A CIG chama a participar na manifestación deste martes para esixir solucións á situación límite do naval

A marcha a pé arrincará do cruce da Dobrada ás 19:00 horas e rematará diante da delegación da Xunta na cidade

Imagen de archivo de una manifestación del Naval en Vigo / EFE / Salvador Sas

Imagen de archivo de una manifestación del Naval en Vigo

Vigo

A Unión Comarcal da CIG de Vigo fai un chamamento ao conxunto da veciñanza a participar na manifestación convocada este martes 23 de novembro para denunciar a grave crise industrial que padece a bisbarra e esixir solucións inmediatas á situación límite que atravesa o sector naval. A marcha a pé arrincará do cruce da Dobrada ás 19:00 horas e rematará diante da delegación da Xunta na cidade.

O secretario comarcal da CIG-Vigo, Alberto Gonçalves, lamenta que a situación de crise industrial continúe a agravarse sen que a Xunta do PP nin o Goberno español de PSOE e Unidas Podemos “reaccionen e actúen para poñerlle freo”.

Sinala que os últimos datos da EPA (do terceiro trimestre deste ano) confirman que non hai ningún síntoma de recuperación real, máis ben ao contrario. Xa que na cidade de Vigo o emprego industrial continúa por debaixo dos niveis anteriores á crise da covid, que destruíu por volta de 1400 postos de traballo. E hoxe en Vigo hai 6100 empregos industriais menos dos existentes en 2009.

Para o dirixente sindical é especialmente preocupante a situación límite do sector naval, que corre o risco de desaparecer tal e como coñecíamos. “Os atrancos da Autoridade Portuaria continúan a boicotear a recuperación da actividade no antigo Vulcano, e Barreras avanza sen freos cara a un escenario de liquidación, ao tempo que se mantén a falta de carga de traballo noutros estaleiros como Metalships e vemos como a industria auxiliar continúa estrangulada por causa da situación que viven os principais estaleiros”.

Neste senso, censura que a inacción de Xunta e Goberno español “vai camiño de convertelos nos verdadeiros enterradores do sector naval de Vigo, unha actividade estratéxica e imprescindíbel para o futuro industrial da nosa comarca”.

Lembra que a CIG leva moito tempo alertando desta situación límite e esixindo que as administracións reaccionen e que, diante da incapacidade do capital privado, aposten por unha decidida intervención pública que blinde o sector e garanta a continuidade da actividade produtiva e do emprego.

“Non podemos resignarnos. Non podemos aceptar unha reconversión encuberta que acabe por afundir definitivamente o naval. Temos que saír ás rúas para defender o naval e loitar polo noso futuro”, remata.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00