Vivindo A Costa da MorteVivindo A Costa da Morte
Actualidad
Sucesos

A bonoloto deixa un premio único de 311.000 euros en Carballo

Premio na administración de lotaría / Radio Nordés Cadena SER

Premio na administración de lotaría

A Administración de Lotaría Alexandra (Rúa Desiderio Varela, 8) foi a encargada de vender esta bonoloto que deixou 311.388€ a un acertante único no sorteo do xoves á noite. Un acertante, iso si, que a última hora da mañá deste venres aínda non aparecera.

Trátase dun dos grandes premios únicos en toda España, xa que o afortunado ou afortunada, chegou aos seis acertos no seu boleto. "Estamos moi contentos por repartir un premio tan grande e esperando novas do acertante", dicía hoxe a xerente da Administración, María Eirís Barca, aos micros de Radio Nordés. É o segundo premio que dan este ano despois de vender un terceiro da lotaría de reis.

Semana da sorte en Carballo

Tremenda a semana que se está a vivir en Carballo en canto aos premios económicos que deparan os distintos sorteos de lotaría, xa que ademais deste da bonoloto, a ONCE deixou, co cupón diario do martes, 175.000€. O vendedor foi, neste caso, Jesús Pena.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00