A Deputación compromete o seu apoio á reforma dos campos de fútbol de Cartelle e Outomuro
Ambos os dous proxectos, nos que colaborá o propio Concello de Cartelle e se procurará o apoio da Xunta
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/PJZCVSHFDROGRLSRG6Z3S7X5WQ.jpg?auth=afecb67b2a0b73aa5c7bd3f7d0abda3d2417b1740885174b22c89e5bd0ecd3b0&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
A Deputación compromete o seu apoio á reforma dos campos de fútbol de Cartelle e Outomuro / Deputación Provincial de Ourense
![A Deputación compromete o seu apoio á reforma dos campos de fútbol de Cartelle e Outomuro](https://cadenaser.com/resizer/v2/PJZCVSHFDROGRLSRG6Z3S7X5WQ.jpg?auth=afecb67b2a0b73aa5c7bd3f7d0abda3d2417b1740885174b22c89e5bd0ecd3b0)
Ourense
A Deputación de Ourense contribuirá á reforma integral dos campos de fútbol de Cartelle e Outomuro, nun proxecto no que ademais da colaboración do Concello de Cartelle tamén se buscará a implicación da Xunta de Galicia. Unha iniciativa´´ coa que imos poñer a disposición dos deportistas e afeccionados unhas modernas isntalacións para un municipio cunha gran tradición no mundo do fútbol´´, declarou o presidente, Manuel Baltar, logo do encontro que no Pazo Provincial mantivo co alcalde de Cartelle, Jaime Sousa. O rexedor, que agradeceu a contribución da Deputación, remarcou ´´ o enorme arraigo que este deporte ten entre a nosa veciñanza e con equipos cuxa hsitoria se remonta a mediados do pasado século.
A reforma dos campos de fútbol de Cartelle e Outomuro será un proxecto a executar en cinco anualidades e incluirá, como obras máis destacadas, a isntalación de herba artificial e iluminación.