Política | Actualidad
O Porriño

Sergio Casal valora a "boa acollida" da nova localización do mercado

Son 105 postos de venda autorizados que se repartien entre a rúa Leandro Diz e nun tramo de Xogo da Ola, concretamente onde está a "zona azul"

Mercadillo O Porriño / Concello de O Porriño

Mercadillo O Porriño

Vigo

O concelleiro responsable, Sergio Casal valorou "a boa acollida" que tivo a nova localización do mercado ambulante que hoxe abriu na rúa Leandro Diz e parte da rúa Xogo da Ola. O concelleiro destacou “a boa acollida do público en xeral e o acordo total cos vendedores ambulantes”.

Son 105 postos de venda autorizados que se repartien entre a rúa Leandro Diz e nun tramo de Xogo da Ola, concretamente onde está a “zona azul”.

Por outra banda, o aparcadoiro de terra seguirá en uso. O acceso ao aparcadoiro esta sinalizado con valas e cinta para garantir a entrada e saida de vehículos.

Sergio Casal indicou que aínda será necesario que "todos nos adaptemos" pero en xeral "estou moi contento co resultado desta estre", concluíu o concelleiro responsable de Mercados.

Estas medidas tómanse como consecuencia das obras de humanización da rúa Manuel Rodríguez, no tramo que discorre ata a praza de San Sebastián, que teñén un prazo de execución de catro meses.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00