Política | Actualidad
O Porriño

Cae outro tilo no parque do Cristo

Como nos casos anteriores acontecidos nos últimos anos, a causa é unha praga de fungos que podrece as raíces destas árbores

Tilo no chán / Concello de O Porriño

Tilo no chán

Vigo

Esta mañá outra árbore caeu no Parque do Cristo, preto do palco da música, sen causar danos persoais nin materiais, segundo informou a Policía Local. É un tilo de grandes dimensións que caeu preto do palco da música.

Como nos casos anteriores acontecidos nos últimos anos, a causa é unha praga de fungos que podrece as raíces destas árbores. Algunhas delas datan de antes da Guerra Civil e as máis recentes foron plantadas nos anos 60. Sergio Casal, concelleiro de Medio Ambiente indicou que "se tomarán medidas preventivas de inmediato ante o risco potencial de caída doutras árbores".

CAÍDA DOUTRA ÁRBORE NUN CAMIÑO

Por outra banda, a Concellería de Medio Ambiente informou de que esta mañá tamén caeu outra árbore, sen causar danos persoais nin materiais. Foi na estrada que une o Monte da Risca co barrio do Carracido.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00