Como é o mecanismo de citación para a vacinación da gripe?
A campaña de vacinación comezou onte e xa se administraron máis de 2600 vacinas

A campaña de vacinación da gripe continuará até final de ano / Radio Ourense Cadena SER

Ourense
As persoas maiores de 65 ata 79 anos poden ir “ás súas enfermeiras de cabeceira a pedir cita para vacinarse”. Porén, ás maiores de 80 se lles dará cita por SMS. A través desa cita recibirán a vacina da gripe e a terceira dose da covid. Así o explicaba Josefa Rodríguez, coordinadora asistencial da campaña da gripe.
Porén, este ano a vacinación da gripe presenta unha novidade. A xefa territorial de Sanidade, Laura López del Castillo, explicaba que será secuencial. É dicir, “os grupos de vacinación non se pechan, son acumulativos”. A partir do 15 de novembro comezará a vacinación das personas entre 60 a 65 anos, tamén as menores de 60 con patoloxía de risco, embarazadas, prematuros, persoal de servizos esenciais e de oficinas de farmacia.
No relativo ao persoal sanitario, que xa comezou a vacinarse o día 18 de outubro, rexistráronse por volta de 2.600 vacinas. Ademais, dende onte xa se poden vacinar as persoas de 65 e máis anos e persoas institucionalizadas de maneira prolongada, tamén os traballadores das resistencias. Nestas se administraron máis de 4.000 vacinas.
A provincia de Ourense destaca a nivel de vacinación. Se no 2020 a cobertura, a nivel galego, foi nas persoas de 65 e maiores do 71%; no territorio ourensano chegou ao 75%. Son datos que explicaba en rolda de prensa Josefa Rodríguez, coordinadora asistencial da campaña da gripe, quen tamén salientaba o repunte da vacina entre o persoal sanitario.
Outra das novidades está nos 14 puntos de vacinación, onde se administrará a vacina contra a gripe e a tercera dose da covid a persoas maiores de 80 anos. Ademais, haberá 102 puntos onde se poderán vacinar as personas maiores de 65 anos coa vacina da gripe.
Por último, a partir do 29 de novembro poderán vacinarse os convivintes das persoas de risco. A campaña finaliza o 31 de decembro.