Comenzan 3 das 12 obras do plan de mellora de viarios públicos
Os primeiros traballos xa se están a realizar en Madorras-Mosende, na Pontenova-Atios e na chamada curva de "Smurfit" en Os Eidos

A concelleira visitando una de las obras / Concello de O Porriño

Vigo
A concelleira de Vías e Obras, Lourdes Moure, xunto co enxeñeiro municipal e técnicos das empresas adxudicatarias, inspeccionaron a posta en marcha de tres das obras incluídas no Plan de Mellora de Viarios Públicos. Trátase dunha ducia de actuacións de asfaltado, saneamento e mellora dos servizos municipais nas parroquias do municipio.
Os primeiros traballos xa se están a realizar en Madorras-Mosende, na Pontenova-Atios e na chamada curva de "Smurfit" en Os Eidos, no polígono industrial.
Ademais das tres mencionadas, esta primeira fase do Plan de mellora de Viarios Públicos inclúe actuacións de saneamento e asfaltado na Serra da Auga-Carracido; en Casal-Budiño; pavimentación en Parada-Chenlo e acondicionamento de acceso desde a estrada PO-331 ata a curva de Lonza, en Torneiros.
Así mesmo, programouse o asfaltado en Portela do Souto-Atios; A Ribeira- Torneiros; A Pereira-Torneiros; Orbenlle-Budiño e na rúa Fernández Areal, no centro de Porriño.
O importe total destas doce actuacións é de 729.478 euros, partida que foi aprobada por unanimidade pola corporación no pleno ordinario do 28 de xullo, despois das negociacións que Lourdes Moure, concelleira de Vías e Obras mantivo cos grupos municipais.