Vermú con SER
Ciencia y tecnología | Actualidad
Observatorios astronómicos

Unha ollada ao Universo desde o Observatorio Astronómico de Forcarei

Nesta edición de Vermú con SER visitamos o Observatorio Astronómico de Forcarei que conta cun dos telescopios máis avanzados de Galicia

Vermú Con SER - Observatorio Astronómico de Forcarei (17/10/2021)

Vermú Con SER - Observatorio Astronómico de Forcarei (17/10/2021)

25:15

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1634309480809/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Pontevedra

Ao longo da historia, as estrelas serviron de guía ás civilizacións. Ben para orientarse, onde por exemplo a Estrela Polar foi clave na expedición marítima que propiciou o descubrimento de América. Tamén protagonizando multitude de episodios da mitoloxía con constelacións como Tauro, Orión ou Leo que influíron no devir da humanidade e as súas costumes.

E sen esquecer a relixión, a Estrela de Belén, a Estrela de Nadal que guiou ós Reis Magos de Oriente ata Xesús de Nazaret e que leva 2.000 anos sendo un símbolo para o catolicismo, unha estrela que a día de hoxe segue sendo un misterio para a ciencia porque aínda non se puido constatar a súa existencia, pero aí está a historia.

Una historia que continúa a día de hoxe onde seguimos mirando ó Universo tentando dar respostas a preguntas como: hai vida intelixente mais alá da Terra? ou, é posible a vida humana nalgún planeta remoto?... Neste Vermú con SER non temos estas respostas, pero si podemos acercarnos un chisquiño máis as estrelas desde uno dos observatorios astronómicos da nosa comunidade.

Telescopio principal do Observatorio Astronómico de Forcarei

Telescopio principal do Observatorio Astronómico de Forcarei / cadena SER

Telescopio principal do Observatorio Astronómico de Forcarei

Telescopio principal do Observatorio Astronómico de Forcarei / cadena SER

O Observatorio Astronómico de Forcarei inaugurouse no 2009. Está situado nunha chá, a 670 metros de altura no barrio das Casetas e conta cun dos telescopios máis avanzados de Galicia, un RCOS de alta calidade óptica cun espello principal de 50 centímetros de diámetro importado de Arizona, Estados Unidos. Para facernos una idea, este telescopio custou ao redor de 80.000 euros.

A fundación Ceo, Ciencia e Cultura, (FC3) é a encargada de coidar e xestionar este observatorio. O seu presidente, Enrique Alonso, abreunos as súas portas para coñecelo de primeira man, e o primeiro que nos contou foi que nesta época temos a sorte de poder contemplar varios planetas no ceo de Galicia, entre eles Venus, Xúpiter ou Saturno e ben avanzada a madrugada Marte, do que se poden apreciar perfectamente, a simple vista e nun entorno escuro, as súas cores avermelladas.

Galaxia M51

Galaxia M51 / Observatorio astronómico Forcarei

Galaxia M51

Galaxia M51 / Observatorio astronómico Forcarei

O avistamento máis afastado captado desde o observatorio de Focarei foi unha supernova, na galaxia M95, coñecida como 'remuiño', a 35 millóns de anos luz de distancia. Un pouco máis cerca, a 23 millóns de anos luz, este mesmo telescopio captou a supernova que se pode observar na imaxe, na galaxia M51 “Chegamos a ver como una estrela grande explotou, morreu, miles de anos despois de que iso sucedera”, sinala Alonso.

Eventos como a misión do Perseverance a Marte, na que participa o pontevedrés  Fernando Abilleira, e fenómenos astronómicos como as choivas de estrelas ou as perseidas convidan a que o interese pola astronomía medre e que o turismo astronómico estea en voga. Tanto que, se no verán adoitan a facer quedadas nocturnas os venres para ver as estrelas desde este observatorio, este ano víronse desbordados tendo que repetir esta actividade tres ou catro días á semana.

Neste punto, Alonso lamenta que, sendo a divulgación un dos obxectivos deste observatorio, sexa imposible recibir aos colexios como facían anos atrás, ao non dispoñer de axudas económicas das administracións para poñelo en valor.

A alternativa para manter as visitas nocturnas é facelo cobrando: 15 euros por adulto e 5 por neno, despois de cubrir un formulario que poden atopar na súa web no que o visitante debe cumplimentar datos básicos como o número de persoas interesadas e o día que desexan facer a visita. A partir de aí, desde a asociación coordinarían as quendas de visitas.

A contaminación lumínica pon en risco o Observatorio de Forcarei:

Temos todos dereito a un ceo nocturno”, proclama Enrique Alonso facendo fincapé en que o ceo nocturno foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. O ceo escuro de Forcarei é propicio para a observación astronómica, a única inimiga é a contaminación lumínica artificial, por exemplo, a que producen os parques eólicos da contorna.

Polo de agora, as turbinas eólicas están a unha distancia duns 7 quilómetros e podería despreciarse esta contaminación, pero hai máis de cinco proxectos de parques eólicos na comarca que afectarían gravemente á operatividade deste observatorio.

Desde a Asociación Ceo, Ciencia e Cultura piden ás administracións que conten coa súa opinión á hora de tomar decisións neste eido e outorgar os permisos para a instalación parques eólicos porque "non estamos en contra deles", afirma Alonso "pero si afectan directamente á viabilidade dun observatorio astronómico que vela pola ciencia e pola divulgación".

Recomendacións para iniciarse na astronomía:

Enrique Alonso recoméndanos iniciarnos na observación astronómica simplemente mirando ao ceo, a simple vista e a poder ser coa axuda de alguén experimentado que nos guíe para identificar o que estamos a ver. Tamén é posible facelo con algunhas aplicacións para smartphones que serven de axuda.

Se mantemos vivo o interese e queremos profundizar na exploración, o seguinte paso xa será mercar uns prismáticos, "non moi caros, cunhas características básicas de 10x50 sería máis que suficiente para gozar durante meses", engade Alonso.

Por último, e cando xa sabemos orientarnos ben mirando ao ceo e se aínda mantemos vivo o interese por descubrir as estrelas será o momento de mercar un telescopio. "é unha mágoa ver os telescopios abandonados nos faiados das casas porque non é sinxelo o seu uso", lamenta Alonso.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00