Sociedad | Actualidad
O Porriño

Concello e ADIF mantén una reunión técnica sobre o proxecto de supresión do paso a nivel

A alcaldesa trasladoulle a ADIF a posibilidade de que estuden aumentar a lousa para que haxa un espazo peonil máis amplo

A alcaldesa na reunión / Concello de O Porriño

A alcaldesa na reunión

Vigo

A alcaldesa Eva García, asistida por técnicos municipais, e a directora xeral de Planificación e Proxectos de ADIF, Monserrat Rallo, tamén asistida por técnicos do seu departamento, mantiveron esta mañá unha reunión telemática para revisar detalles sobre o proxecto de supresión do paso a nivel no centro de Porriño.

A alcaldesa trasladoulle a ADIF a posibilidade de que estuden aumentar a lousa para que haxa un espazo peonil máis amplo que permita unha maior trama urbana.

Os técnicos de ADIF valorarán esta posibilidade, que se resolverá nunha próxima reunión técnica, que xa será presencial, que se celebrará en novembro en Madrid.

Eva Garcia amosouse "moi esperanzada" de que o proxecto de supresión do paso a nivel no Porriño reciba unha das partidas de inversións contempladas nos Orzamentos Xerais do Estado para 2022.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00